Tuesday, May 23, 2006



Naceu don Vicente Risco no primeiro andar da casa número 25 da rúa da Paz, en Ourense, o día 1 de Outubro de 1884. Nesta casa transcurriu a súa nenez, pasando máis tarde seus pais a vivir na casa número 6 da praza do Ferro, en que hoxe habita a familia Temes. Despois, xa maior don Vicente, estableceron a súa residencia na casa número 47 da rúa de Santo Domingo, en cuxo segundo andar pasou o noso ilustre finado o resto da súa vida e na que elaborou a maior parte da súa produción científica e literaria. A instancias da súa familia, mais contra as súas máis caras aficións, estudou a carreira de Dereito; ao rematala, fíxose mestre nacional, ingresando posteriormente na Escola Superior de Maxisterio, en que se graduou. Por oposición obtivo a cátedra de Historia na Escola Normal de Ourense, da que foi director durante moito tempo. Trasladado ocasionalmente a Madrid, a petición propia, permaneceu alí algún tempo, volvendo para Ourense, xa definitivamente, e permanecendo na nosa cidade até o seu falecemento o 30 de Abril do ano en curso. É difícil nestes momentos, en que tan recente está a perda deste alto valor da Galiza, falar del coa frialdade e o espírito sereno que o caso require; temos que deixar falar o corazón e soamente sabemos laiar profundamente esta proba que Deus lle mandou á nosa Galiza, terra á que o finado lle dedicou o mellor do seu ser. A figura de Vicente Risco é inmensa. Só o paso do tempo pódenos dar a coñecer a gran valia e múltiplos aspectos que enfeitaron a súa extraordinaria personalidade. Quizais a súa tarefa máis popular, máis coñecida, é a que desenvolveu no campo xornalístico, xa que foi o que o puxo máis en contacto coas masas que a través da imprensa seguían con profundo interese os seus artigos, cheos de graza e de atinadas observacións. E, porén, non todo nestes escritos de Risco era popular no sentido da sinxeleza e da graza; sempre, en calquera observación súa, en calquera comentario, era doado atopar un profundo saber e unha axeitada e nova reflexión sobre un feito calquera, aínda dos máis correntes e vulgares. Porque esta era unha das súas máis destacadas características: a de ver as cousas cunha personalidade extraordinaria, profunda, orixinal, que sorprendía sempre como unha novidade inesperada. Fican nos diarios de toda a Galiza as mostras do seu labor xornalístico, nas que non é doado facer una selección polo gran valor que teñen todas elas, aínda que as que, por referirse a temas de interese momentáneo, debían pasar cos acontecementos que as provocaron. Quizais sexa este permanente interese do seu labor o que mellor caracteriza a obra de Risco, dunha obra que non pode pasar. Hai anos, con motivo dunha homenaxe que se lle dedicou en Ourense e ao que se sumou toda a Galiza, veu á luz en que se procurou reunir o máis interesante entre o publicado no xornal "La Región". A dificultade da selección foi precisamente a de separar o menos interesante, pois todo era igualmente valioso e actual. Con todo, pode este libro, ao que el quixo chamar El libro de Ias horas, servir de mostra da súa produción no ámbito xornalístico. Como en toda a súa obra, deixou Risco nestes artigos unha proba clara do seu gran saber e da súa personalísima orixinalidade. Durante o tempo en que viviu na praza do Ferro, tivo contacto íntimo e cotián con outras das figuras da intelectualidade galega: Ramón Otero Pedrayo e Florentino López Cuevillas. Con eles iniciou unha serie de traballos que habían de se plasmar na entrega total destes tres homes ao cultivo da ciencia da Galiza nos aspectos xeográfico, prehistórico e etnográfico, adxudicándose este último a Vicente Risco. Consecuente con isto, dedicou desde entón as súas enerxías á procura, catalogación, interpretación e coñecemento da nosa etnografía, facendo dela un todo orgánico e fundamentado os seus alicerces de estudo para o futuro. As primeiras aportacións súas nesta disciplina que agora se cultivaba na nosa terra dunha maneira científica, viron a luz na revista "Nós", en que traballaron desde os seus comezos todos aqueless que sentiron as inquedanzas do renacer da ciencia galega. Alí iniciou Risco non só os seus traballos neste aspecto, senón tamén a colaboración dunha serie de estudosos que así se ían formando nesta rama do saber sob a súa dirección e consello insuperábel. Moi axiña, como consecuencia do ambiente creado pola revista "Nós", xorde o "Seminario de Estudos Galegos", en que Risco ocupa a Dirección da Sección de Etnografía, publicando nos "Arquivos do Seminario de Estudos Galegos" os traballos etnográficos que no sucesivo serán modelo para los que sigan o camiño que el emprendeu. Por non ser este o lugar indicado para isto, deixaremos a un lado a listaxe dos seus moitos traballos neste terreo, mais non podemos por menos de aludir á súa última e definitiva obra: "La culminación espiritual de Galicia" na Introdución a Ia Historia de Galiza que veu a luz en Bos Aires. É a súa derradeira obra etnográfica e é tamén a máis definitiva, xa que lle permitiu facer un compendio deste aspecto da Galiza nun verdadeiro alarde de saber e de espírito científico. Ninguén poderá no sucesivo tocar estes aspectos da cultura galega sen ter presente, e como ponto de partida, a obra de Vicente Risco, ben sexa para ampliala, explicala ou, incluso, rectificala cando iso tiver lugar. É, desde este momento da súa publicación, unha obra xa clásica no terreo etnográfico. Ela consagra a Risco, a parte do resto da súa obra, como o mestre indiscutíbel da Etnografia galega. Mais a figura de Vicente Risco é aínda máis ampla, máis universal na ciencia e no saber. Espírito inquieto e curioso, todas as ramas do saber que se relacionaban coas súas actividades foron un eido propicio parao cultivo das súas magníficas dotes de escritor. Sempre ao corrente das novas tendencias artísticas e literarias, cultivou as letras nos seus máis variados aspectos, desde a poesía até a novela, destacando nesta última dunha maneira especial. Lémbrese, neste terreo, o êxito de La puerta de paja, que non é outra cousa que a culminación do que iniciara naquela deliciosa noveliña que deixou inconclusa e que comezou a se publicar na revista "Nós" co título d' Os europeos en Abrantes. Ensaios, teatro, novela, poesía, historia, etnografía..., todo foi cultivado por este home digno do Renacemento pola súa curiosidade, o seu saber o seu interese por todas as manifestacións vitais da cultura. Mais hai algo máis na personalidade de Vicente Risco que está por riba de todo isto: o seu enorme valor humano. Foi, sobre todo, un home bo. Exento de envexa, desinteresado, amigo fiel, admirábel mestre, a súa figura extraordinaria ten un posto destacado no corazón de todos os que por calquera motivo tiveron a honra de convivir con el. Endexamais negou a ninguén o seu consello desinteresado, e a súa maior satisfacción foi ver surxir ao seu carón xentes con ánimos e desexos de seguir as súas ensinanzas. Soubo infundir ánimos en todos facéndose el mesmo discípulo dos seus alumnos para lles facer concibir a idea do propio valor e animalos a perseverar nos estudos ou actividades a que quixeren dedicarse, porque en todas elas sabía ser o mestre indiscutíbel e eficiente. A bondade era a nota fundamental en toda a súa vida; cabaleiro, cristián, amábel, sempre cordial e acolledor, non podía ninguén esquecelo unha vez que se puxera en contacto con el. Así, a súa vida foi un exemplo permanente de home honrado de ben e seguirá séndoo na lembranza de todos os que o trataron e así conservará a Galiza o seu nome como o de un dos seus máis destacados e ilustres fillos. Grande honra é para min o encargo da Real Academia Galega ao me designar para facer esta homenaxe póstuma ao que foi o meu mestre Vicente Risco. Láiome tan só da miña incompetencia para desempeñar tal tarefa en forma digna. Recente aínda a dor da súa perda, somente sei pedir a esta ilustre Corporación que disculpe a miña pobreza e que comigo eleve ao Señor unha oración pola alma do servo fiel, cuxo nome irá sempre unido ao da Ciencia galega, á que serviu con desinterese e cordialidade, honrando ao mesmo tempo a esta Real Academia ao se contar entre os seus membros numerarios.

Wednesday, March 22, 2006

Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, naceu en Rianxo no ano 1886, e morreu no exilio -en Bos Aires- en 1950. Foi emigrante nos primeiros anos da súa vida. Pai do nacionalismo galego, Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Estudiou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor a meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade". Polifacético novelista, debuxante, caricaturista, pintor, teórico da arte, político, sempre reflexou na súa obra o seu compromiso co galeguismo e co mundo. Durante o exilio franquista, e no 1944 publica "Sempre en Galiza", e convértese en primeiro presidente do Consello de Galiza, o goberno do país no exilio.

Os seus debuxos, complementados con agudos textos, amosan a Galicia rural, o caciquismo, os pobres, os cegos, os desamparados, o pobo que sofre... E nos últimos álbumes, os horrores da Guerra Civil. Como narrador, comeza con 'Un ollo de vidro' en 1922 e con Cousas, Retrincos e Os dous de sempre, establece un conxunto único na narrativa galega que culmina con Sempre en Galiza, conectando literatura e política e teoría do galeguismo, o que o fai e un dos principais impulsores do Estatuto Galego de 1936. Castelao é sen dúbida o galego máis destacado do século XX. En 1964 adicanrolle o Día das Letras Galegas.
Os seus traballos teóricos, as súas conferencias, o seu compromiso político que o levou a morrer no exilio, a súa actitude de total integración do ser galego, fan que a súa personalidade sexa de vital importancia non só coma punto de partida do humor gráfico galego, senón como referencia de calidade parangonable cos grandes mestres de todo o mundo.
Galicia no albor do seculo XX
“En Galicia non se protesta, emígrase”, escribiu Castelao ao pé dunha das suas estampas. Galicia chega ao século XX sen ter resolto o seu máis grave problema, os galegos deixan a terra para buscar fortuna nas Américas. Galicia é un país agrícola e pesqueiro, as terras sofren o imposto dos “trabucos”, os caciques son o instrumento da administración, e eles son os que fan a política, sempre ás ordes de Madrid.
Emporiso, a literatura galega, calada dende a Idade Meia, surxe con forza no fin do século dazanove, con duas grandes figuras: Rosalía de Castro e Manuel Curros Enríquez. Mentres Pardo Bazán, Valle Inclán, Fernández Flórez e outros escritores expresan a sua galeguidade en castelán, Castro e Curros optan pola língua dos labregos e mariñeiros, dánlle rango de cultura e elevan o nivel do lector galego, interesando ás clases cultas das vilas. Mais a grande masa de galegos é analfabeta na súa língoa.
A Xeración Nós
Nos anos da dictadura de Primo de Rivera foi formándose en Galicia unha importante élite de intelectuais galegos (Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco, Antón Losada Diéguez, Alfonso R. Castelao...) que, seguindo a tradición dos Curros e Castro, traballando sempre na língua-nai, pretenderan crear unha cultura nacional universal. Deste xeito, no entorno da revista Nós, voceira da xeración, foron feitas traducións, estudos e criacións literarias que hoxe constituen a base da moderna cultura galega e da súa literatura. Ista foi tamén a ideia estética de Castelao: chegar ó universal dende o particular, unha constante na súa obra gráfica e literaria.
A madurez artística e literaria de Castelao coincide cos anos da ditadura primoriverista e cos da República. Pubrica entón a maior parte da sua obra literaria (Os relatos breves de Retrincos, os cadros de Cousas, o relato Un ollo de vidrio, a novela Os dous de sempre), e recolle o mellor da súa obra gráfica no album Nós, percorrendo toda Galicia coa exposición das estampas que o fan aínda máis célebre. Nelas mostra a tristura do emigrado, a rabia do labrego pobre, a avaricia do cacique... Castelao é un gran humorista e un gran humanista. O seu arte está ao servizo da causa galegista nunha calidade que supera todo partidismo.
Chega a II República Española, e Castelao, sempre disposto a axudar na mellora da condición dos seus paisanos, entra plenamente na actividade política. Diputado ás Cortes de Madrid, defende valentemente a língoa galega e o Estatuto de Galicia . Solidarízase cos vascos e cataláns, e no libro de visitas da Casa de Xuntas de Gernika asina en 1933: “Identificados vascos, catalanes y gallegos, ante el problema de liberación de nuestros respectivos pueblos, sellamos hoy bajo el árbol de Gernika el pacto de mutua solidaridad que ha de traernos la satisfacción de aquel anhelo.”
O alzamento feixista de 1936 leva a Castelao ao exílio. En América continua o seu labor a prol de Galicia e a República. Percorre a URSS, USA, Cuba e México dando falas e mítines coma líder do galeguismo. Dibuxa os álbumes Galicia Mártir, Milicianos, Atila en Galicia mostrando a barbarie franquista, e unhas fermosas Estampas de Negros. Escribe tamén a farsa Os vellos non deben de namorarse, pero a súa gran obra deste período é Sempre en Galiza, imprescindíbel para comprender o nacionalismo galego, e chamada “a Biblia do galeguismo”. Facendo un percorrido pola historia e a cultura de Galicia, Castelao sustenta que a auténtica e plena libertade refírese tanto ao home como aos pobos, e que toda nación ten dereito á autodeterminación.
Castelao tivo moita amizade con Agirre e con Irujo, e foi un fervente impulsor do pacto Galeuzca entre vascos, cataláns e galegos, asinando algúns dises proxectos trinacionais. Morreu na Arxentina en 1950 e os seus restos repousan en Compostela.




Alfredo Brañas é o creador da teoría do rexionalismo galego. É un líder de forte personalidade e ó redor da súa persoa foise desenvolvendo un movemento que se inicia practicamente coa Grande Obra de Antolín Faraldo. Castelao defíneo como gran patriota e home extraordinario. Brañas naceu en Carballo (A Coruña) o 11 de xaneiro de 1859. A producción xornalística de Brañas é moi grande. El Eco de Santiago, La Gaceta de Galicia, El País Gallego, etc foron entre outros marco habitual para o desenvolvemento do seu pensamento.
Centrándonos no que nos interesa vamos a explicar a importancia da actuación de Alfredo Brañas no rexionalismo.
Alfredo Brañas construíu a súa teoría rexionalista sobre a base dunha experiencia rexionalista en Galicia e Catalunya e sobre o esquema dunha formación xurídica e económica moi intensa. A formulación da súa teoría rexionalista está contida en numerosos traballos, en revistas e xornais, e de xeito especial en El Regionalismo, Estudio sociológico, histórico y literario, editado por Jaime Molinas en Barcelona, en 1889, e alentado para a súa publicación por Antonio José Pou y Ordinas. Con datos máis precisos, e xa cunha terminoloxía e fontes facendísticas e económicas, complétase a súa teoría co discurso de inauguración de curso títulado La crisis económica en la época presente y la descentración regional, publicado en Santiago de Compostela en 1892. En El Regionalismo analiza a idea de Estado e os seus elementos, así como os seus tipos. As súas interesantes Bases generales del Regionalismo y su aplicación a Galicia tiveron por marco as Bases de Manresa, pero mentres estas afectan ó catalanismo, as de Brañas queren ser o gran texto constitutivo do rexionalismo español, aplicable a todos aqueles países rexionais que tiñan as mesmas aspiracións e que podían formar un gran fronte. O día 1 de xaneiro de 1890, Brañas tomou posesión do seu primeiro cargo público: o de concelleiro do Concello de Santiago de Compostela. O impacto máis fondo do pensamento e da acción política de Brañas produciuse en Catalunya. O catalanismo viu nel a un dos homes máis importantes para o desenvolvemento do rexionalismo. Pola súa parte, Brañas seguiu moi atento á evolución do rexionalismo catalán e desa observación foron xurdindo documentos e escritos que o líder galego tentaba instaurar en Galicia, como as Bases generales del Regionalismo y su aplicación a Galicia, inspiradas nas Bases de Manresa e outros documentos, pero moito máis matizadas polo xenio organizativo de Brañas. Catalunya seguiuno moi de preto. El Regionalismo (1889) publicouse en Barcelona e tivo alí unha grande audiencia. Os seus discursos foron comentados ou reproducidos por Lo Catalanista, La Renaixensa, La Veu de Catalunya, La Veu de Monserrat e outros xornais catalanistas. Cambó lembra a influencia que sobre el exerceu Brañas con estas palabras: "La emoción más honda de mi vida la he sentido allí (no acto da conferencia pronunciada por Brañas no Pazo do Parque de Barcelona): todo el valor del catalanismo lo he sentido al calor del verbo de aquel Apóstol y desde entonces me incorporé al movimiento catalanista". Brañas foi un pensador e un líder católico.

Wednesday, March 15, 2006


A cultura megalítica

O megalistimo ou cultura megalítica caracterízase pola construción de grandes monumentos funararios feitos con grandes pedras.
A cultura megalítica desenvólvese en Galicia durante o terceiro milenio a.C. Os munumentos máis abundantes son os sepulcros, que están formados dun túmulo, e un dolmen. Nos últimos anos, a excavación dos túmulos revelou moita información tanto arqueológica, arquitectónica, paleoambiental e ritual. Grazas a estes datos, pouco a pouco vanse aclarando aspectos fundamentais desta cultura.
Os túmulos teñen a forma aproximada dun casquete esférico. Están compostos por unha estructura tumular que só pode ser de terra, de rochas ou de terra e rochas, en ocasións delimitada na base por un anel paristáltico de rochas que a recorre a modo de zócalo. En ocasións no medio do sedimento pode haber un anel de pedra e aínda pode aparecer outro alrededor da estructura arquitectónica central. Con certa frecuencia o sedimento do túmulo está cuberto por unha coraza de racas de pedra moi ben encaixadas entre sí. Un elevado número de túmulos gardan no seu interior estructuras megalíticas, tales como cámaras de variada tipoloxía que en ocasions dispoñen dun corredor de entrada. Este corredor pode desembocar nunha especia de atrio.
As dimensións dos monumentos varían desde algúns metros de diámetros por menos de un metro de altura máxima, ata algúns que pasan dos 25 metros de diámetro e poden ter varios de altura.
Polo xeral encóntranse en lugares do paisaxe donde son facilmente visibles desde certa distancia.
Dentro destas xeneralidades, existe unha amplia gama de variantes acorde coa cronoloxía que ocupan e a zona xeográfica onde se asentan.
Os monumentos que gardan no seu interior cámaras, con o sen corredor, feitas con grandes pedras, coñécense co nome de dolméns. A función destes xacementos é a de tumba monumental colectiva que impónse no paisaxe con un simbolismo social.
Podemos relacionar con este mundo os menhires e os crómlrchs, destes dous tipos existen poucos en Galicia.
Os dolméns máis antigos son o fruto dun notable esforzo constructivo realizado polos pequenos grupos ou comunidades campesiñas, para honrrar ós seus mortos e afirmase como grupo social frante ós outros. Estes constructores serán os responsables da expansión por toda a Galicia da produción de alimentos.
Neste contexto cultural aparecen as primeiras manifestacións da metalurxía en forma de hcas pranas de cobre e dun molde de pedra destinado á elaboración de artefactos deste tipo. A chegada da metalurxía non supón unha ruptura nos sistemas económicos e sociais, senón que máis ben aparece como un produto de uso moi limitado con un valor máis emblemático ó de indicador de estatus que dunha verdadeira renovación técnica.
Nun momento máis avanzado aparecen exemplares de cerámica con forma de campana invertida e decoración con bandas, coñecida polas súas características morfolóxicas como vaso campaniforme. A aparición desta cerámica tan peculiar en Galicia, mostranos de novo a clara ubicación do país galego no contexto europeo, xa que o campaniforme abarca na súa xeografía desde o norte de Europa e desde Irlanda ata Chacoslovaquia. Esta cerámica tal vez chegou como un obxecto exótico indicador de estatus através das vías de intercambio, pero enseguida toma carta de natureza no país, onde ó lado de tipos de gran difusión na Península Ibérica e en Europa como o Internacional clásico. Algúns dos túmulos nos que aparecen este tipo de materiais, xa non ten arquitectura megalítica e perderon monumentalidade.
A presencia do campaniforme está asociada con maiores índices de desarrollo da metalurxía, cuya implantación á larga, traerá consecuencias moi importantes no plano económico e social.

Os constructores de túmulos son os primeiros en modificar dun modo importante e permanente a paisaxe. Humanizan un territorio ata entón máis natural que cultural. Coas súas tumbas ben visibles no paisaxe que buscan a perennidade, os seus poboados, os seus lugares de pastoreo e os campos de cultivo xunto cunha importante rede de camiós vinculada cos intercambios entra as diferentes comunidades.
Os autores da primeira arquitectura monumental do Ocidente europeo, asentan certos tipos de poboamento e de técnicas de dominio da natureza que chegaron ata os nosos días como algo peculiar do Noroeste da Península Ibérica. De acordo cos datos dispoñibles sobre tumbas e poboados, pódese afirmar que se ocupa todo o territorio con un sistema composto por moitas unidades sociais pequenas e dispersas que en parte basaban a súa economía na explotación do monte mediante o sistema da agricultura de roza.
Posiblemente, outras formas da súa cultura conservan semellanza con formas vivas todavía na Galicia rural, como por exemplo a importancia social e relixiosa da morte. Mentras os poboados se ofrecen como algo pequeño e limitado que deixou pola súa precariedade escasas marcas no rexistro arqueolóxico, as tumbas produto dun coordinado esforzo colectivo, representan o monumental e o permanente na paisaxe recordando á comunidade dos mortos diante das comunidades de vivos.
Non cabe duda que os rituais funerarios tales como a construción coidada dos monumentos e a amortización de obxectos valiosos que colócanse ó lado dos cadáveres, ben como propiedades dos mortos o ben como ofrendas, esixen un esforzo económico. Esta importancia do ritual funerario señala o papel que debían xogar os mortos nesta cultura na que se facían presentes, a través da súas grandes tumbas dominadoras da paisaxe.
Os datos arqueolóxicos procedentes de excavacións nas tumbas inclinan a pensar que a morte tiña unha dimensión importante dentro da relixión dos constructores da nosa primeira arquitectura monumental. Posiblemente os mortos convertisense en antepasados dotados de singulares poderes vinculados co sagrado. Parece evidente a existencia de rituais de culto vinculados cos mortos que vólvense poderosos fronte ó vivo que é profano.
Estas ideas básicas do megalitismo que son a importancia económica, social e relixiosa da morto, todavía florecen na cultura campesiña galega que así encontra no mundo do Megalitismo as súas máis profundas raíces. Por outra parte o modelos de dominio do medio natural por parte do home, tamén en grande parte a través e a pesar da dilatada e rica historia do país, conservouse dende a mitade do cuarto milenio ata os nosos días.